Os tripulantes galegos do ‘Alakrana’ aterrarán mañá ás 10 da mañá en Peinador

O goberno galego porá a súa disposición da tripulación un servizo de revisión médica que poderán realizar en hospitais de Vigo ou Santiago segundo prefiran e coches para levarlos dende Peinador aos seus domicilios.

A Xunta de Galicia porá mañá á disposición dos tripulantes galegos do Alakrana e dos seus familiares un avión que os traerá a Galicia desde a base aérea de Torrejón de Ardoz. Está previsto que as vítimas do secuestro do atuneiro, acompañadas polos seus achegados, aterren no aeroporto vigués de Peinador a partires das 10 horas de maña.

Unha vez en Galicia, o Goberno galego ofreceralles aos tripulantes a posibilidade de seren sometidos a revisións médicas nos hospitais de Vigo ou Santiago, en función das súas preferencias. Os tripulantes do buque Alakrana realizarán unha breve declaración pública á súa chegada ao aeroporto de Peinador, tras a cal solicitan que se respecte a súa intimidade durante o resto da fin de semana.

A Xunta porá á disposición dos mariñeiros e das súas familias vehículos para desprazarse as súas casas. A Xunta ten informado tanto aos alcaldes dos concellos onde viven os tripulantes e a súas familias como aos grupos parlamentarios galegos destas actuacións.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.