Cultura

O Proxecto do colombiano Inti Guerrero gañou o premio Marco/Frac Lorraine para Novos Comisarios

PREMIO GAL2-1_0Este luns 16 de outubro tivo lugar en Metz, Francia, a reunión do xurado da terceira edición do premio para novos comisarios, que este ano foi convocado conxuntamente polo MARCO de Vigo e o FRAC Lorraine (Fonds régional d’art contemporain de Lorraine) de Metz, Francia, e que ten como obxecto a realización dun proxecto expositivo para as dúas sedes. A exposición terá lugar entre maio e setembro de 2010 no MARCO de Vigo e entre outubro de 2010 e xaneiro de 2011 no FRAC Lorraine.

O xurado —composto por Beatrice Josse, directora do FRAC Lorraine; Kevin Muhlen, director do Casino Luxembourg, Forum d’art contemporain; Agar Ledo Arias, responsable de exposicións do MARCO; Pedro de Llano, crítico de arte e comisario que actualmente realiza unha residencia para comisarios en FRAC Lorraine; e Iñaki Martínez Antelo, director do MARCO— tomou a súa decisión despois de analizar un total de 119 candidaturas recibidas —fronte a 34 da anterior edición—, o que é mostra da difusión alcanzada na convocatoria deste ano. Do total de proxectos recibidos, 28 procedían de Francia, 19 de España, 14 de Italia, 11 de EEUU, 11 do Reino Unido, 7 de Alemaña, 5 de Bélxica, e o resto repártese entre varios países de Europa e América Latina.

O proxecto gañador, que ten como título provisional “Cando a rama rompe: sobre rituais e relixións”, é unha proposta de Inti Guerrero, crítico de arte e comisario independente nado en Colombia (Bogotá, 1983) e residente en Amsterdam. Na elección do xurado tívose en conta a calidade do proxecto e a súa adecuación ás características do MARCO e FRAC Lorraine como espazos expositivos. Tomando como punto de partida o título do libro de James Frazer, La rama dorada. Un estudio sobre magia y religión (1922), esta exposición reúne obras de 10 artistas que tratan sobre a idea do ritual e da relixión en diferentes contextos, relacionados coa política, a memoria colectiva e a cultura popular.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.