Vigo al día

María Méndez pide o albergue na Gota de Leite e rexeita a Escola de Hostelería como solución

DSC_0002A concelleira de Benestar Social, María Méndez, instou á Xunta a apertura provisoria da Gota de Leite como centro de emerxencia mentres o Concello busca outras instalacións que cumpran os requisitos precisos para acoller ás persoas sen teito. Segundo afirmou a edil do BNG, “esta é a única solución para dar tempo ao goberno municipal a atopar outra ubicación”.

A concelleira de Benestar Social acusou ao Partido Popular de “xogar coas persoas e de “utilizar aos máis desfavorecidos como arma arroxadixa” contra o goberno local. Méndez lembrou a sinatura do convenio entre o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, e a por entón alcaldesa da cidade, Corina Porro, para que na ‘Gota de Leite’ fose un albergue e indicou que o PP incumpre o seu compromiso ao pretender convertila nunha escola infantil e nun centro para emprendedores e acusou de “hipócrita” á delegada da Xunta en Vigo Lucía Molares, ao afirmar que foi a administración autonómica actual a que dotou de contido estas instalacións.

Tampouco a Escola de Hostelería 

A concelleira de Benestar Social reiterou que a Escola de Hostelería non sirve como albergue definitivo”, como tamén xa o aseguraron os técnicos da Xunta. No tocante ao chamado “albergue do pai Carlos”, ao que a Xunta aporta 200.000 euros para instalar vinte camas máis, a concelleira nacionalista salientou que esta “non é a solución”. María Méndez argumentou que estas instalacións non van dar cabida á xente que realmente busca refuxio porque o seu responsable non deixa entrar a calquera”.

También te puede interesar