Comarcas

O templo votivo de Panxón será restaurado

O Templo Votivo é obra de Antonio Palacios
O Templo Votivo é obra de Antonio Palacios

A Comisión de Educación e Cultura do Parlamento de Galicia aprobou unha iniciativa socialista na que insta á Xunta a restaurar o Templo Votivo do Mar de Panxón. Esta iniciativa foi aprobada por unanimidade logo da súa transacción cunha proposta presentada polo PP.

O parlamentario socialista Francisco Cerviño advertiu do “deterioro alarmante” desta obra cume de Antonio Palacios. Lembrou a importancia do arquitecto de Porriño, de tendencia ecléctica que realizou importantes obras en Madrid e Galicia, onde ademais do Templo de Panxón conta co Templo da Veracruz de Carballiño, a Virxe da Rocha de Baiona, o Teatro García Barbón e o Mosteiro das Salesas en Vigo, así como numerosas casas particulares.

A súa extensa obra conta tamén coa proposta de reforma da Porta do Sol de Madrid en 1918, as obras de acceso á remodelación das catedrais de Ourense e Santiago, o Palacio das Comunicacións da Praza de Cibeles, o Hospital de Maudes, o Banco Central, o Banco de Biscaia ou o Círculo de Belas Artes.

También te puede interesar