Vigo al minuto

Un xuiz de Alcorcón négalle o traslado a Vigo a unha nai coas súas fillas porque no colexio estúdase en galego

ConstitucióUn xulgado de Alcorcón (Madrid) négalle a unha nai o trasladado a Vigo coas súas fillas porque o ensino é en galego “y más allá del ámbito de aquella Comunidad Autónoma, no se aprecia que tenga ninguna utilidad práctica”. O portavoz do Grupo Parlementar do BNG e o irmán, e voceiro, da afectada, Manuel López Rodríguez, denunciaron o feiro de que o devandito xulgado ameace con retirarlle a nai a custodia das fillas por este motivo.

Manuel López Rodríguez relatou “o calvario o que se nos está sometendo, cunha evidente inxustiza por querer vivir en Galicia”, lamentou os prexuizos do xuíz de Alcorcón e e salientou que “as nenas están perfectamente integradas en Vigo e son felices”. Respecto á lingua galega, subliñou que «para nada tiveron ningún problema: desde pequenas escoitano na familia e enténdeno; a maior pódese acoller á exención de galego na selectividade e a pequena quitou en galego unha nota de 8,5, gústalle e mesmo empeza a falalo”.

Por iso, pediulle a todas as forzas políticas galegas é a Xunta que apoien a súa causa e, no caso da administración galega, “emita informes para que se teña en conta a opinión das rapazas, que viven felices e perfectamente integras en Vigo”.

A sentenza do Tribunal Supremo non afectará ao novo decreto do galego

No mesmo eido do idioma, o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad, considera que o borrador do decreto do uso do galego na escola, que está tracexando a Xunta, non estará condicionado por la sentenza dictada polo Tribunal Supremo, negando a uns pais de Vigo o dereito a elixir o idioma no que deben estudar os seus fillos.

«É unha senteza que non afecta ao decreto que prepara o Goberno galego e que está dentro da legalidade” Sobre o dictame do Tribunal, Vázquez, que negou a discriminación por razón da lingua no sistema educativo galego, lembrou que este goberno non está a facer nada que non fixera o anterior.”Temos que dar unha resposta á cidadanía e estamos a trabajar nese senso”, subliñou, logo de reiterar que o decreto estará listo antes de que remate o ano.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.