Vigo al día

Chegan ‘os homes de Santi’ unha brigada que arranxará os pequenos desperfectos do Casco Vello a diario

casco velloSon os Homes de Santi. Dous operarios e un técnico, que teñen a súa disposición un vehículo para transportar material, integran dende a pasada semana a Brigada de Mantemento do Casco Vello, que segundo indicou o tenente de alcalde, supón un “avance importante” no coidado do barrio xa que encargaranse de arranxar, de un día a outro, os desperfectos que poidan aparecer nas rúas da zona histórica.

Santiago Domínguez sinalou que a posta en marcha deste servizo conta cun investimento ata fin de ano de arredor de 18.000 €, pero que se aumentará o orzamento correspondente ao vindeiro ano para ampliar a brigada. “Unha vez que o traballo de rehabilitación do Casco Vello está en plena marcha, e xa con gran parte do barrio recuperado,é moi importante que esta recuperación non se deteña”, apuntou. Domínquez comentou que a orixe da posta en funcionamento desta brigada está na demanda dos veciños para dar unha maior axilidade á solución de problemas como arranxo de barandillas, cambio de luminarias ou reparación de losetas.

O tenente de alcalde explicou que a brigada se encargará do arranxo dos desperfectos comunicados polos veciños, os coidadores do barrio, ou ben das suxestións trasladadas pola cidadanía mediante o servizo municipal do 010.

También te puede interesar