Vigo al día

A Policía local de Vigo estudiará cómo actuar ante un caso de violencia de xénero

Un policía local.
Un policía local.

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), en colaboración co Concello de Vigo, impartirá entre os días 9 e 13 de novembro un curso sobre psicoloxía aplicada á violencia de xénero e entrada policial en lugares pechados, dirixido aos membros do corpo de Policía Local -funcionarios de carreira- do Concello vigués e concellos próximos.

O obxectivo deste curso é reflexionar sobre a violencia de xénero, dando a coñecer cuestións xerais sobre a comunicación humana, características psicolóxicas das situacións críticas, enfoques e técnicas psicolóxicas útiles na intervención policial en violencia de xénero, a importancia da autorregulación emocional, así como aportar información sobre o desgaste profesional e a súa prevención.

As clases impartiranse en horario de tarde, de 16.30 a 20.30 horas, na aula de formación da Policía Local do Concello de Vigo (Praza do Rei, s/n) e contarán con 20 prazas. Os contidos que se abordarán neste curso abranguen asuntos como as situacións críticas, comunicación humana, conceptualización da violencia de xénero, agresor e vítima, violencia de xénero e intervención policial, primeiros auxilios psicolóxicos, autocontrol emocional, estrés e desgaste profesional en policía, réxime xurídico e operativa de aproximación en entradas de lugares pechados.

También te puede interesar