Cultura

Sax e Anthony a pintan en Balaídos

Imaxe da visita aos muros de Balaídos
Imaxe da visita aos muros de Balaídos

O mural de peche das pistas de atletismo de Balaídos  é obra dos grafitereiros  Sax e Anthony. Santi Domínguez amosouse moi orgulloso da obra e asegurou que dende a Tenencia de Alcaldía e as concellerías de Xuventude e Deportes se está traballando para “poñer a súa disposición” outros espazos públicos nos que poidan expresar o seu talento.

“Necesitabamos remodelar a fachada das pistas e tendo na cidade xente nova cun gran talento artístico, decidimos unir os dous factores nun so espazo”, explicou o nacionalista. Santi Domínguez sinalou que se trata dunha iniciativa “novidosa” que propuxeron a concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, e o edil de Deportes, Xabier Alonso, tamén presentes na visita, así como a concelleira de Benestar Social, María Méndez, e representantes do atletismo vigués. “Esta iniciativa demostra o ben que se poden aproveitar os recursos que temos”, asegurou.

O tenente de alcalde afirmou tamén que é preciso “poñer en valor a xuventude da cidade”, polo que manifestou o seu obxectivo de seguir traballando para buscar espazos nos que poidan amosar as súas dotes artísticas. Neste sentido, diferenciou os grafiteiros, que ao seu xuízo practican unha disciplina artística como se pode comprobar no muro, e os que se dedican a “facer pintadas”.

También te puede interesar