Destacados

Os xornalistas reclamarán hoxe aos poderes públicos que eviten a súa precariedade

ImagenA Federación de Sindicatos de Xornalistas (FeSP), na que participa o Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG), convoca para hoxe  5 de novembro á mobilización dos traballadores da información para sumarse a campaña “En pé polo Xornalismo” que organiza cada ano a Federación Internacional de Periodistas (FIP).

O SXG empregará o lema “A miña precariedade é a túa desinformación”. Así, o Sindicato anima a todos os profesionais a vestir nas roldas de prensa e actos públicos as camisetas que con este lema distribuíu nos últimos anos. Trátase de concienciar á cidadanía da necesidade de reclamar as administracións que tomen medidas para garantir o dereito fundamental a dispor de información veraz.

 En particular no caso galego, o SXG reclama que os poderes públicos concreten xa a petición unánime do Parlamento de Galicia de vincular as axudas aos medios co mantemento do emprego estable.

Carta a Zapatero

 Ademais, hoxe publicarase un manifesto e unha carta pública dirixida dende os sindicatos de xornalistas ao presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero. Horarios abusivos, contratos lixo, abuso de bolseiros e de falsos autónomos son prácticas frecuentes na maioría das empresas da comunicación da Comunidade. Este deterioro das condicións de traballo dos informadores prexudica a cidadanía, pois a calidade das noticias é unha das primeiras vítimas da precariedade no sector.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.