RGPD - Cookies
Galicia

O BNG posicíonase a favor da fusión de Caixanova e Caixa Galicia

UGT,CCOO e CIG corrixen a súa postura de hai unha semán e amósanse favorables á fusión se esta non implica a perda de empregos. Daquela aseguraban que a operación deixaría a 1.000 personas sen traballo

GuillermeVazquezO Bloque Nacionalista Galego posicionouse a favor da fusión de Caixa Galicia y Caixanova, como xeito de manter a súa “galeguidade” e de asegurar que o centro de decisión non saia de Galicia. O voceiro nacional do BNG plantexou tamén a posibilidade de que sexa unha caixa galega a que “absorba a unha de fora”, se o mando da nova entidade segue en Galicia.
Guillerme Vázquez, quen recoñeceu que o debate “non vai por unha alianza cunha caixa non galega” lembrou que o BNG presentou no Parlamento de Galicia unha reforma da lei de caixas de aforros que aposta por unha fusión das dúas entidades galegas e defende a “intervención pública e a democratización, asemade do blindaxe de competencias dentro de Galicia”.

Os sindicatos cambian de parecer

Pola súa banda, os tres principais sindicatos galegos, UGT, CC.OO. e CIG, aseguraron hoxe que aceptarían unha fusiós das dúas caixas se nos arriscase a súa supervivenza e non acarrease perda de empregos Os seus responsables fixeron esta declaración logo dunha xuntanza co Grupo Parlamentar Socialista para coñecer os orzamentos da Xunta, corrixindo así a súa postura de hai apenas dez días   cando apostaron por manter as dúas entidades xa que a uniñon suporía unha perda de 1.000 postos de traballo.

También te puede interesar