Vigo al minuto

As Travesas terá un Centro Comercial Aberto

Praza de América, no entorno de Travesas  (Tomás R.)
Praza de América, no entorno de Travesas (Tomás R.)

O Concello está a ultimar as negociacións coa Asociación de Empresarios e Comerciantes de Travesas (AETRAVI) para a instauración dun Centro Comercial Aberto na zona.

Segundo indicou o alcalde en declaracións previas á reunión con eles, esta iniciativa consolidaríase cun convenio bilateral entre o Concello e a Asociación que permitiría a esta última, en coordinación co municipio, a realización de actividades no espazo público de maneira regulada.

Para concluir na definición do modelo a adoptar, Caballero explicou que estanse a estudar os aplicados noutras cidades españolas, aunque avanzou que o sistema considerado “satisfactorio” consistiría no emprego do ámbito público para actuacións da devandita Asociación. Para o alcalde vigués, este sería un “bo modelo” que podería ser exportado a outros ámbitos da cidade, como o Calvario, segundo citou.

Abel Caballero visitou cos responsables de AETRAVI o ámbito de actuación da entidade, no entorno da Praza de América, e salientou a cooperación desta no desenvolvemento “masivo” das humanizacións na zona. O alcalde citou as melloras do entorno de POVISA, Pintor Colmeiro, a rúa Coruña, Castelao, Florida e Castrelos, moitas delas consensuadas coa entidade. O alcalde asegurou que “queremos seguir contando coa súa cooperación”.

También te puede interesar