Vigo al minuto

As axudas ao consumo chegan a 700 familias

Naceron para activar o pequeno e mediano comercio a través de subvencións a persoas con menos recursos económicos. Preto de 723 familias viguesas presentaron a súa solicitude para optar ás axudas ao consumo, ideadas para sufragar necesidades básicas como vestiario, calzado, óptoca, librería e material deportivo.

Con esta subvención tíñase pensado repartir unha axuda máxima de 600 euros por familia para un tope de 1.000 solicitantes, pero como o número de solicitantes é inferior ao previsto aumentaranse o límite monetario para cada núcleo familiar. Tenencia de Alcaldía destinará 1,2 millóns de euros a esta liña de axudas en 2009 e noutra nova convocatoria para o primeiro trimestre de 2010.

También te puede interesar