Galicia

Os deputados galegos poderían decidir baixarse o soldo 139,8 € ao mes

A proposta presentarase á presidenta, Pilar Rojo e aos voceiros do PSdG e BNG. Sería, tralo andaluz, o segundo parlamento autonómico que aprobase tal medida.

parlamentoOnte foron os altos cargos da Xunta e hoxe son os deputados do Parlamento de Galicia. Se prospera unha iniciativa do grupo Popular, as súas señorías poderían ter que rebaixarse a nómina un 3%. Así o proporá o voceiro, deste grupo, Manuel Ruiz Rivas, á presidenta da Cámara e a PSdG e BNG.

Se a devandita iniciativa, que o PP entende coma “un novo xeiro de entender e facer política e acorde coas circunstancias e a situación actual dos galegos,” prospera, os deputados, que perciben de salario base 55.944 € brutos ao ano, deixarían de cobrar 1.678,32 €. Esta cantidade suporía 507.702,72 € de aforro ao longo da legislatura.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.