Vigo al día

A labor da Policía Local limitou a catro os lumes nos parques naturais de Vigo este verán

P.Rural

A labor de vixiancia da Unidade Medioambiental Rápida (UMIR) da Policía Local e a colaboración cidadá, foron claves no éxito da campaña de verán para a prevención de incendios nos parques forestais de Vigo.

Segundo informa Seguridade, durante a época de alto risco de lunes (do 1 de xullo ao 30 de setembro) o UMIR realizou 2.600 actuacións no rural, o 76% delas de prevencion de incendios. O balance final foi de 4 lumes que afectaron a 500 metros cadrados en Matamá e Cabral.

Parte desta campaña de prevención consistiu na colocación de carteis informativos en todos os parques da cidade coa normativa relativa a o encendido de lumes e o precinto de barbacoas.

A Policía Local só tramitou nos tres meses da campaña 12 denuncias, 7 dos denunciados foron sancionados pola queima de restos agrícolas e arbóreos e 4 por encender barbacoas no monte ou en fincas sen autorización previa.

También te puede interesar