Vigo al minuto

O Cemiterio de Pereiró terá un ‘Xardín da memoria’ como homenaxe aos fusilados no 36

Cemiterio de PEreiró
Cemiterio de PEreiró

O goberno local acordou facer unha remodelación da zona do cemiterio de Pereiró na que repousan os restos dos fusilados do ano 36. Procederase a apertura permanente da porta de acceso a esa zona dende a Avda de Castrelos, e farase unha remodelación e embelecemento das zonas de paso e axardinadas.

O goberno local acordou a instalación dunha placa conmemorativa neste entorno do cemiterio no que están as tumbas de personaxes como Heraclio Botana, Martínez Garrido, Araujo, Antela Conde, Bilbatúa, Ignacio Seoane, Ramón González Brunet e moitos outros.

No próximo pleno o goberno presentará unha moción para que esa zona do cemiterio sexa nomeada como ‘O xardín da memoria’ en honor e recordo dos represaliados no ano 36. A próxima semana celebraráse un acto de recoñecemento e reapertura desta zona do cemiterio.

También te puede interesar