_agenda Agenda

A min cústame desprazarme ao centro

O movemento veciñal de Vigo desembarca desde hoxe 22 de outubro en San Xoán Poulo coa campaña “Por unha mobilidade efectiva. En Vigo non imos esperar máis”, unha exposición itinerante na asociación veciñal ‘Agarimo’ (rúa Vista do Mar, 6) na que se recollen testemuños persoais de diferentes veciños con problemas de transporte.

A mostra estará instalada na asociación durante dúas semanas como antesala ás sesións de traballo que nos vindeiros días se levarán a cabo na asociación para analizar as carencias e necesidades de transporte na zona.

También te puede interesar