Vigo al minuto

O 72% das viguesas citadas para as probas de detección do cancro de mama acudiron á cita en 2008

mamografía

O Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama asistiu o ano pasado en Vigo 9.659 mulleres de entre 50 e 68 anos, o 72% da poboación desta idade citada para á realización de mamaografías. En total detectáronse 16 patoloxías malignas que pasaron a tratamento.   Dende a súa posta en marcha, en 1995, un total de 96.976 mulleres foron atendidas por este programa detectándose 231 cáncros, o que supón o 3,51 por mil, unha tasa sellante á media galega.

No programa interveñen a Unidade de Exploración, encargada de realizar as mamografías, a Unidade de Avaliación Radiolóxica, que fai a lectura e interpretación da mesmas e a de Diagnóstico e Tratamento, integrada por Ciruxía e Xinecoloxía que encárgase do tratamento do cancro.

As exploracións realízanse bianualmente a mulleres de entre 50 e 68 anos (este 2009 abranguiranse tamén ás de 69 anos de idade) e consisten nunha proba bássica de radioloxía de cada peito en diferentes proxeccións. As citacións son personais e llechagan á interesada entre 10 e 15 días antes da consulta. Se logo da mamografía tivese que facer máis probas ou xa tivese un diagnóstico, este remitirase por carta certificada cunha cita para unha unidade de tratamento.

Calquera muller que quera obter máis información ou pedir unha cita, pode facelo chamando ao 981 14 14 14.

También te puede interesar