Destacados Vigo al minuto

Case 3.000 estudantes camiñaron pola igualdade

Iolanda Veloso, durante a presentación do programa.
Iolanda Veloso, durante a presentación do programa.

Busca promover a igualdade de oportunidades entre os nenos. Na última edición do programa ‘Camiña con nós pola igualdade’ participaron 2.763 pequechos, un 43 por cento máis que na primeira convocatoria no curso 2005/06, na que participaron 1.570 escolares vigueses. Dirixido a alumnos de Educación Infantil e 6º de Educación Primaria e impartido por persoal especializado nos propios centros de ensino en horario escolar, o programa inclúe obradoiros temáticos a partir dunha metodoloxía lúdica e participativa.

Nesta ocasión impartíronse talleres en 30 centros escolares de Vigo, o que contrasta cos 2.261 alumnos de 29 centros da edición anterior, os 2.489 estudantes de 32 escolas do ano 2006/2007 e cos 1.570 alumnos de 20 centros da primeira edición. Para participar na próxima convocatoria, os centros poderán inscribirse ata o 31 de outubro, especificando o nivel educativo e as áreas temáticas preferentes.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.