_agenda Agenda

Cine chino, coloquio e café no Colexio Público Carballal (Cabral)

Un fotograma da película que se proxectará mañá.
Un fotograma da película que se proxectará mañá.

O mellor cine está fóra dos circuitos comerciais. Cos ‘Sábados de cine‘, a asociación cultural O Coto proxectará para todos os interesados películas de calidade que non é doado de atopar nas salas de cine, sempre acompañado dun coloquio e dun café tras a proxección do filme.

Mañá abre o ciclo (21 h) a película Balzac y la joven costurera china‘ (2002), de Dai Sijie, un filme ambientado na China comunista, durante os anos da revolución cultural dos setenta. Nel, dous mozos son enviados a un remoto campo de adoutrinamento do réxime moista para ser educados polos campesiños locais en ideas do réxime. Alí coñecerán a literatura prohibida de occidente, a amistade verdadeira e o amor da bela filla maior do sastre do pobo. Ao coloquio da película asistirá a profesora de chino da Escola Oficial de Idiomas de Vigo, Yi Ju Chang.

Préstoche meu libro favorito

O Coto tamén porá en marcha unha nova actividade na que é fundamental a participación do público: ti traes o teu libro favorito para intercambialo e comentalo con outra persoa. Esta actividade será de 20:30 a 21:00 horas, antes de proxectar a película de Dai Sijie.

Se queres máis información podes entrar na web de O Coto ou chamar aos teléfonos 986 487957 e 676 524529.

También te puede interesar