Destacados Vigo al minuto

200 persoas de 50 países no FISU Forum Vigo 2010

Celebrarase en Vigo do 21 ao 26 de xuño de 2010 e nel participarán 200 representantes de 50 países. O FISU Forum darase cita en Vigo tras dous anos de negociación para abordar os cambios que está a sufrir o deporte universitario, que debe superar a falta de visión global que predomina na actualidade, incorporar transversalidade e valores éticos e de respecto ao medio ambiente e impulsar o deporte feminino, xa que as mulleres son maioría na poboación universitaria e é “necesario saber o que poden aportar neste proceso de cambio”.

O Concello de Vigo quere que a visita sexa proveitosa tanto para o deporte como para o a cidade, xa que «nas cidades nas que se deciden cambios sempre queda ese espírito e son recordadas polo que alí se acordou. O espírito de Vigo estará presente en todas as universidades do mundo”, asegurou o tenente de Alcalde, Santi Domínguez.

A Universidade de Vigo será a encargada de organizar o décimo FISU Forum, unha alianza xerada arredor do deporte que deixará moitos retos na cidade tras a celebración do foro.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.