Cultura Música y Cine

Aprende galego indo ao cine

'Mia Sarah' será unha das películas que se proxectará.
'Mia Sarah' será unha das películas que se proxectará.

Trinta películas coas que collerlle gusto ao galego. Hoxe comeza en Vigo o programa ‘Unha lección de cine’, dirixido a alumnos de secundaria e que ten como obsectivo amosar aos rapaces a posibilidade de ver cine comercial en galego.

Nesta cuarta edición proxectaranse nos cines Yelmo Cineplex do Centro Comercial Travesía as películas “O misterio Galíndez”, “Hotel Tívoli”, “Heroína”, “O concursante”, “Cando o mundo remate te seguirei amando”, “Un amor por descubrir” e “Mia Sarah”, e así ata un total de 30 filmes. O programa comezou no 2005 con tres proxeccións e chega ao 2009 cun total de trinta, quince destinadas a infantil e primaria, que tiveron lugar a final de curso, e quince dirixidas a secundaria, que rematarán o 27 de novembro.

As películas serán proxectadas nos cines Yelmo-Cineplex nunha das salas con capacidade para 300 rapaces.

También te puede interesar