Destacados Vigo al minuto

O son da música tradicional galega dá a benvida a 385 novos Erasmus

A ritmo de gaita e cun marcado acento tradicional galego, a Universidade deu hoxe a benvida aos 385 estudantes estranxeiros que pasarán este curso nalgún dos centros da Universidade de Vigo. Deles, 321 son estudantes que chegan a Galicia a través do Programa Erasmus, mentres que o resto chegan con bolsas ISEP e outros programas de intercambio.

Moitos acaban de chegar, outros levan xa varias semanas instalados na cidade, pero para a inmensa maioría Galicia é aínda un lugar por descubrir. Para ir abrindo boca, a Universidade brindoulle a oportunidade de achegarse á nosa tradición a través da música coa presentación da obra Instrumentos tradicionais galegos. Unha selección natural, elaborado ao abeiro do Proxecto Ronsel de inventario, salvagarda e posta en valor do Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia.

A inmensa maioría

Un ano máis Polonia (64), Alemaña (58) e Italia (53) sitúanse nos primeiros postos do ranking de países de orixe destes estudantes, pero cada ano tamén se incrementan os alumnos que chegan de Portugal (37), Francia (33) , Reino Unido (16), Turquía (16), Romanía (5), Bélxica (9), Austria (4) ou outros de fóra de Europa como Estados Unidos, Cuba, Colombia ou México.

Á hora de analizar os seus destinos favoritos, a Facultade de Filoloxía e Tradución consolídase como o centro da Universidade que máis estudantes estranxeiros acolle, xa que 138 destes alumnos escollen algunha das súas titulacións para as súas estancias. Aínda que lonxe destas cifras, a Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias é outro dos centros que máis estudantes estranxeiros acolle nas súas aulas, acadando este curso unha cifra de 63.

También te puede interesar