Destacados Vigo al minuto

A lingua galega, a debate

Vigo acolle desde hoxe as primeiras xeiras de Normalización Lingüística coas que ofrecer un espazo para o debate sobre a situación da lingua galega o que se quere para o seu futuro. Nas xornadas de hoxe no edificio Fernando Carreras (Areal, ás 20 horas) participarán integrantes de catro plataformas que foron xurdindo nos últimos meses en defensa da lingua galega: Fran Rei en representación de Queremos Galego; Agustín Fernández Paz por Prolingua e María Reimóndez en nome de Convers-ando, ademais dun representante de Galego, patrimonio da humanidade.

O feito de que estas xeiras se celebren en Vigo é de moita importancia nuns intres nos que, segundo diferentes estudos, o galego está a experimentar un forte retroceso lingüístico na cidade. Vigo é a cidade na que máis caeu o uso do galego, aínda que entre a xente nova hai un alto nivel de coñecemento.

Cada mes organizaráse unha mesa redonda o máis aberta posible tratando de fixar unha data que sexa referente para todos. Nas vindeiras convocatorias participarán sociolingüístas, avogados, xuíces, empresarios, xornalistas… de xeito que estean representados os máis diversos eidos. En novembro o tema de debate será os dereitos lingüísticos da cidadanía.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.