Vigo al día

Chega o plan Renove de electrodomésticos

 

Vai cambiando a lavadora por outra nova
Vai cambiando a lavadora por outra nova

O luns día 5 empeza a campaña Renove de electrodomésticos

. Quen quera cambiar o frigorífico, conxelador, lávalouzas, forno o placa vellos por outros de menor custo enerxético pode solicitar unha rebaixa de ate o 25% do prezo acolléndose a este plan.

O Inega, adscritoá Consellería de Economía e Industria, prevé alcanzar con esta campaña un aforro global de 1,7 millóns de euros na factura eléctrica, que se estima que beneficiará a 43.500 familias galegas. Ao final da campaña preténdese superar a cifra dos 900 establecementos comerciais adheridos.

As subvencións á compra de electrodomésticos con etiquetado enerxético A ou superior abranguen desde os 50 euros para encimeiras de gas ata os 125 euros para conxeladores e frigoríficos.

Para calquera dúbida están abertos estos teléfonos: 981 957 146; 981 541 505 e 981 957 275.

También te puede interesar