Sin sección Vigo al minuto

Unhas 40 persoas solicitaron os cursos de coidados domiciliarios da Favec

Presentación do curso aos alumnos
Presentación do curso aos alumnos

Tiñan que seleccionar a 15 persoas e presentáronse 40 ás entrevistas. Os cursos de coidados domiciliarios para dependentes teñen gran demanda por parte dos que teñen unha persoa ao seu cargo e tamén dos desempregados, que ven nesta opción unha saída laboral. Así, na Favec arrinca hoxe o segundo curso, subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar e impartido por técnicos do Concello.

O obxectivo, tal e como explicou a súa presidenta, é que a quincena de inscritos “atopen un traballo”, por este motivo, este ano farán as prácticas (80 horas) en centros privados. Precisamente, o criterio para seleccionar aos futuros coidadores foi que se atopasen en risco de exclusión social ou laboral, ou ben que tiveran ao seu cargo a un dependente. Trala rolda de prensa de presentación xa asistiron a súa primeira clase (80 horas de teoría). A maioría deles son mulleres (so hay 5 homes, e 2 deles son oíntes).

A concelleira de Benestar, María Méndez, explicou que sí pode ser unha boa saída laboral, dado que no Concello, grazas a Lei de Dependencia, cada vez se demandan máis estes servizos. Así, pasaron de 100.000 horas en coidados domiciliarios no 2008 a 140.000 horas este ano. Asemade, o seu orzamento subiu do millón e medio de euros aos dous millóns.

Os futuros c coidadores, segunso sinalou a sua profesora, deben ter moita paciencia, estar equilibrados emocionalmene, ter empatía, capacidade de poñerse do lado da otra persoa, positividade… e tamén deben fomentar as habilidades dos seus dependentes en vez de facerlle todo sen ter en conta que poderían ser capaces eles.

También te puede interesar