Comarcas Cultura

‘Son de Seu’ en Tui e de balde

A orquesta 'Sonde seu'
A orquesta 'Sonde seu'

O Teatro Municipal de Tui inaugura o venres, 2 de outubro, a programación cultural de outono cun concerto da orquestra folk ‘Son de Seu’ única das súas características en Galicia. A cita será ás 21.30h. As entradas son gratuítas até completar o aforamento, debendo retirarse dende ás 20h no despacho de billetes, cun máximo de dúas localidades por persoa.

‘Son de seu’ creouse no ano 2000 no Conservatorio de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios de Vigo. Rodrigo Romaní dirixe aos 40 compoñentes desta agrupación que recrean o repertorio tradicional e de nova creación. O concerto é todo un espectáculo tanto pola interpretación coma pola coidada posta en escena. Nos seus concertos empregan instrumentos construídos na súa maioría no propio país por artesáns mesmo pertencentes á propia orquestra e arranxos contemporáneos na liña do xa clásico folk galego producidos en exclusiva para a formación polos profesores das aulas do conservatorio, todos eles con longa traxectoria no estilo

‘Son de Seu’ é a primeira agrupación destas características en España e unha das primeiras en Europa. Arestora forman parte dunha organización europea entre cuxos obxectivos está formar outras orquestras similares noutros países da UE.

No concerto que mañá venres van ofrecer no Teatro Municipal de Tui os membros de ‘Son de Seu’ van dalo todo no escenario, sen estar constriñidos pola pauta dun director xa que os propios músico plantean a dinámica en escena. O son que se poderá escoitar é o máis puro posible, xa que empregarán a máis mínima expresión de amplificación. Buscarán meter ao espectador no ambiente musical da orquestra. A cita será ás 21.30h.

O sábado, ás 20:30 tocará a Agrupación Musical do Rosal, ás 20:30 e tamén de calde, as entadas hai que recollelas unha hora antes.

También te puede interesar