Deportes

O Concello aposta polo Hóckei patíns

Presentación do torneo
Presentación do torneo

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, asegurou que Concello de Vigo manterá o seu apoio para o Trofeo Cidade de Vigo de hóckei a patíns, que mañá venres, no pavillón de Bouzas (é unha pista debutante neste torneo), cumprirá o seu vixésimo sexta edición. Así o anunciou o edil na presentación da proba, e explicou que “tras facer no Ifevi o mellor Mundial da historia, segundo todas as federacións, é normal o cambio no torneo, que tiña que reformularse”.

O concelleiro de Deportes amosouse “satisfeito porque o proxecto do hóckei feminino está estabilizado”, tendo en conta que o torneo de mulleres xógase por terceiro ano consecutivo. Asemade, Xabier Alonso asegurou que o material utilizado para o Mundial (valos e porterías) “irán a un colexio a fin de fomentar en condicións a práctica do hóckey a rodas”.

O torneo abrirase co partido feminino entre o Vigo Stick (campión galego) e o Compostela (19.00), para despois xogarse o Toshiba Vigo Stick-Cerceda (21.00). Os coruñeses debutan na OK Liga e o conxunto vigués que adestra Quique Urdiales (tamén vicepresidente) presentará as súas novidades. O encontro ten morbo: Pablo Cancela, agora no filial do Liceo e máximo goleador do torneo de 2008 cos vigueses, mídese ao seu ex equipo. Urdiales anunciou que a entrada é gratuíta, que aproveitarán para facer Siareiros e que “tras o Mundial era complicado organizar un trofeo coas características dos anteriores anos”.

También te puede interesar