Deportes

O Concello aposta polo Hóckei patíns

Presentación do torneo
Presentación do torneo

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, asegurou que Concello de Vigo manterá o seu apoio para o Trofeo Cidade de Vigo de hóckei a patíns, que mañá venres, no pavillón de Bouzas (é unha pista debutante neste torneo), cumprirá o seu vixésimo sexta edición. Así o anunciou o edil na presentación da proba, e explicou que «tras facer no Ifevi o mellor Mundial da historia, segundo todas as federacións, é normal o cambio no torneo, que tiña que reformularse».

O concelleiro de Deportes amosouse «satisfeito porque o proxecto do hóckei feminino está estabilizado», tendo en conta que o torneo de mulleres xógase por terceiro ano consecutivo. Asemade, Xabier Alonso asegurou que o material utilizado para o Mundial (valos e porterías) «irán a un colexio a fin de fomentar en condicións a práctica do hóckey a rodas».

O torneo abrirase co partido feminino entre o Vigo Stick (campión galego) e o Compostela (19.00), para despois xogarse o Toshiba Vigo Stick-Cerceda (21.00). Os coruñeses debutan na OK Liga e o conxunto vigués que adestra Quique Urdiales (tamén vicepresidente) presentará as súas novidades. O encontro ten morbo: Pablo Cancela, agora no filial do Liceo e máximo goleador do torneo de 2008 cos vigueses, mídese ao seu ex equipo. Urdiales anunciou que a entrada é gratuíta, que aproveitarán para facer Siareiros e que «tras o Mundial era complicado organizar un trofeo coas características dos anteriores anos».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.