Destacados Galicia

Educando en igualdade

As actividades deste seminario, que pretende unha educación sen diferenciación de sexos, celebraranse na Illa de San Simón dende o vindeiro 3 de octubro. As prazas deben solicitarse antes do día 26 deste mes.

A Secretaría Xeral da Igualdade levará a cabo a décima edición dunhas Xornadas lúdico formativas baixo o lema Nais e Pais Educando en Igualdade na Illa de San Simón para fomentar a igualdade de xénero entre os membros das familias galegas. 

O programa da xornada comezará a partir das 10 horas, do vindeiro sábado 3 de outubro, no porto de San Adrián de Cobres, en Vilaboa, onde as familias participantes poderán embarcarse ate a Illa de San Simón, onde se desenvolverán as actividades. 

Desde a Secretaría Xeral da Igualdade recoñécese o «papel fundamental da familia no proceso de construción da personalidade» coa que nenas e nenos adquiren os seus primeiros coñecementos e aprenden a relacionarse co seu contorno, interiorizando determinadas pautas de coñecemento. Por esta razón o Seminario Permanente de Educación en Igualdade vén impulsando desde o ano 1998 a realización de xornadas de formación de xénero especificamente dirixidas ás persoas con responsabilidades familiares que teñen interese en ofrecer ás súas fillas e fillos unha educación en igualdade, libre de estereotipos de xénero. 

Esta décima xornada galega de Nais e Pais Educando en Igualdade pretende achegar recursos para a socialización nos valores da igualdade e do respecto, e que nais, pais, fillas e fillos disfruten, ao longo do día, de conferencias, obradoiros e xogos onde os membros da familia poidan compartir actividades coas que asuman e entendan a igualdade de roles entre mulleres e homes dun xeito natural.  

Para os asistentes máis pequenos, a partir de diversas actividades, coñeceranse figuras da historia que romperon os estereotipos de xénero na elección da súa profesión, fomentarase a responsabilidade nas tarefas do fogar, aprenderanse hábitos saudables e promoverase o respecto ao medio ambiente. 

A décima xornada galega de Nais e Pais Educando en Igualdade, ten un límite de 250 prazas e as nais e pais interesados deberán entregar as solicitudes no Servizo Galego de Igualdade antes do 26 de setembro. 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.