RGPD - Cookies
Galicia

Ven aquí, Muxinsky

Uns trinta propietarios de explotacións gandeiras rusas visitan Lugo para coñecer o xeito de traballar o leite do Centro Tecnolóxico Lácteo. Os visistantes visitarán varias plantas de producción e recibiran explicacións sobre queixo, cuaxada, novos métodos de muxir, pastos e conservación.

 

Granxeiro ruso/N.G.
Trinta empresarios rusos, a meirande parte deles propietarios e directivos de granxas e compañçias lácteas, así coma representantes de estructuras universitarias, visitarán o Centro Tecnolóxico Lácteo (CTL) de Lugo o vindeiro luns no marco das xornadas adicadas ao leite ruso-españolas.A visista comezará ás 9 horas coa presentación do centro lucense polo seu director, Xoan Méndez, quen falará sobre a cadea de valor e a innovación, eidos no que o centro de Lugo é pioneiro e referencia a nivel europeo.

Está previsto tamén que Luis Aldeanueva, especialista do CTL diserte cos invitados sobre a cuaxada láctea e os avances na tecnoloxçía de tratamiento do queixo nos que a provincia galega é líder, tanto en fabricación coma en denominacións de orixe.

A quenda de conferencias rematará coa intervención do responsable do áreas de I+D+i, Sergio Martínez e o técnico, Alfonso Pérez Quintás, quienes falarán sobre a producción do queixo enzimático por ultraficación.

O programa das xornadasm organizadas por tres empresas españolas radicadas no mercado ruso (Perinox, Efabind e Indima), abrangue visitas á planta de Casa Grande de Xanceda (A Coruña) mañán sábado, a Industrias Lácteas San Vicente (León) o día 8 e a Leyma (A Coruña) o día 9.

 

También te puede interesar