Destacados Vigo al minuto

BNG de Mos pide cambiar de hora e de lugar o Pleno sobre a legalización da Cidade Deportiva e o centro comercial do Celta

En Mos o Pleno ordinario do Concello do mes de setembro non vai ser un pleno máis. A corporación municipal vai debater sobre un tema de l transcendencia para o futuro da vila: a modificación puntual do PXOM coa que se pretende legalizar a construción da cidade deportiva e do centro comercial do Celta nos montes de Tameiga e Pereiras.

En base a iso, o portavoz do grupo municipal do BNG, anye un Pleno “de gran repercusión mediática e social, xa que nel se vai definir o modelo de concello que queremos”, defende a necesidade de facilitarlle o acceso ao público.

Así que o BNG solicitou formalmente, vía Rexistro Municipal, que se cambie a hora e o lugar elixido para a celebración da sesión, programada inicialmente para o próximo luns 30, ás 10 da mañá, no Pazo de Mos.

Gustavo Barcia considera que “este horario supón un obstáculo para que a veciñanza sexa partícipe dun debate tan importante” e reclama que a hora de inicio se fixe, como mínimo,  para as 19:00 horas. Desta maneira a asistencia ao pleno sería compatible coa xornada laboral da maior parte das persoas interesadas”.

Traslado ao Multiúsos

O BNG entende que o auditorio do Pazo non é o lugar máis acaído para acoller este debate, xa que ten un aforo limitado a 200 persoas e “o acceso pode resultar perigoso en caso de aglomeración”, polo cal solicita o traslado do pleno ao Multiúsos das Pozas, cuxo auditorio conta cunha capacidade moito maior.

O concelleiro do Bloque ve imprescindible, ademais, “que non se poñan barreiras á veciñanza” para asistir ao pleno. Así evitaranse situacións como a vivida o pasado martes, cando a alcaldesa ordenou identificar ás persoas que querían acceder a unha sesión informativa sobre o proxecto do Celta”.

También te puede interesar