Galicia

Máis de 300 concellos de Galicia recibirán 19 millóns para a mellora de viais rurais

A Consellería do Medio Rural e do Mar ven de anunciar que destinará 19 millóns de euros a obras para a mellora de viais en zonas rurais de 313 concellos galegos, no marco do novo Plan Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM).

A Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, comunicoulles por carta certificada a todos os concellos de Galicia o inicio deste novo Plan, así como os investimentos que lles foron asignados a cada un deles. Así mesmo, solicitóuselles que priorizasen as actuacións a desenvolver. As actuacións incluídas neste plan consisten na dotación, conservación e mellora de viais municipais que constitúen servizos básicos elementais para a poboación rural, co fin de mellorar a calidade de vida.

Dotación

Para o PEIM do ano 2010, a executar nos anos 2011 e 2012, o orzamento total previsto é de 28,5 millóns de euros, dos cales 9,5 millóns son financiados pola Consellería do Medio Rural e do Mar e 19 millóns polo Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño (MARM). Debido ás necesidades existentes no marco da mellora en infraestruturas viarias nos concellos, a Xunta decidiu orzamentar e facer as obras correspondentes a eses 9,5 millóns durante o ano 2011. Polo tanto, o investimento pendente de executar neste ano correspóndese aos 19 millóns de euros procedentes do MARM.

Antecedentes

No ano 2008 a Xunta xa xestionara un Plan para desenvolver nos anos 2009-2010, cunha dotación orzamentaria total de 55,5 millóns de euros. Este orzamento estaba distribuído en 27 millóns para o ano 2009 e 28,5 para o 2010. O capital, empregado para a realización de investimentos en servizos básicos para a poboación rural, financiouse en colaboración co ministerio, asumindo este as dúas terceiras partes e a Xunta o terzo restante.


 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.