Galicia

Os profesores galegos en folga

Os profesores do ensino público non universitario están en folga xeral dende as 00:00 h. deste mércores e logo participarán nunha manifestación polas rúas de Compostelapara deixar craro o seu rexeitamento contra os recortes en Educación e a modificación da súa xornada lectiva.

Tras a protesta de ‘brazos caídos’ deste martes, os sindicatos de profesorado confían en acadar unha participación maior e en que a manifestación xunte a un número de persoas similar á do pasado 9 de setembro, á que acudirin máis de 15.000 docente, segundo a organización.

Segundo asegura CIG-Ensino, esta nova regulación horaria impedirá a realización de diversas actividades complementarias, dedicarlle o mesmo tempo que antes a biblioteca ou outras medidas destinadas a paliar o fracaso escolar. Así mesmo, está circunstancia viuse acompañada de «recortes» de postos de traballo, unido á redución de unidades, que os sindicatos cifran nun milleiro.

Neste sentido, FETE-UXT avanzaba durante esta mañá que as listaxes para a folga roldaban «o 50 e 60 %», número similar ao adiantado por CCOO Ensino.


 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.