Galicia

A Xunta reclama ao Goberno os beneficios fiscais para o naval

Galicia ven de reclamar por carta ao Goberno Central unha intervención urxente para evitar que Bruxelas anule ou modifique os beneficios fiscais actualmente en vigor asociados á construción de novos buques para defender os intereses dos estaleiros galegos e dos seus traballadores, máis de 15.000 empregados altamente cualificados.

A Xunta considera que se non se chega a unha solución porase en perigo unha industria estratéxica para a economía de Galicia, polo que é preciso por en marcha un plan integral de apoio con medidas políticas concretas e transversais, como os pioneiros Selo Naval e a Credencial Naval, un certificado homologado de calidade e de garantía do traballo feito neste eido en Galicia, e acadar un título habilitante que acreditará a competencia dos traballadores galegos do sector.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.