Comarcas

Denunciado un pai por dirixir unha manifestación dende o seu coche

Unha das sancións impostas.
Unha das sancións impostas.

A asociación de nais e pais A Pena do Equilibrio de Ponteareas aínda non termina de asimilar os papeis que hai uns días lle chegaron a casa a un dos pais que forma parte da executiva: tres sancións de tráfico que suman un total de 600 euros e 7 puntos retirados do carnet por participar nunha manifestación convocada o pasado 21 de xaneiro e na que se lle atribúe o papel de dirixir á xente co seu vehículo animando coa megafonía.

A manifestación produciuse para denunciar a masificación dos centros educativos ponteareáns e reivindicar a necesidade de construír un novo centro de educación infantil e primaria. «É un grave atentado contra a liberdade de expresión, dando un salto cara o pasado, usando estas armas de represión para amedrentar e desmobilizar á sociedade a pesar de ser unha mobilización comunicada legalmente en tempo e forma«, asegurou David Soto, presidente da Anpa.

A asociación plantéxase agora seguir xestionando de balde o comedor escolar.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.