Comarcas

Alternativas á A-59 para non arrasar a metade de parroquias de Redondela

Priorizar a construcción da A-57 fronte á ampliación da AP-9 e seguir co trazado da chamada alternativa 11 en lugar da A-59, «a que máis danaría as parroquias de Redondela e que, curiosamente, só é defendida polo propio alcalde», asegurou Javier Bas, candidato do PP á alcaldía de Redondela, que mañá (16:30 h) estará acompañado polo conselleiro Agustín Hernández nunha visita a Reboreda, na que se dará conta da situación actual deste proxecto que arrasaría coa parroquia e coas do Viso, Ventosela, Vilar, Quintela e Saxamonde.

Segundo os populares esta nova infraestrutura, tal e como a quere o bipartito, vai arrasar de novo o Concello de Redondela. “Así, no noso programa defendemos que imos facer todo o humanamente posible para que Redondela estea comunicada coa rede de autovías e autopistas, que teñamos unha conexión directa cara á meseta, e que non suframos por iso a barbaridade que suporía renunciar ao trazado da A-57, conectándoa con Peinador coa alternativa 11”, explicou.

O PP considera que levar adiante o trazado da alternativa 5, coñecido coma A-59, sería “botar pedras cara ao noso propio tellado. Desfacer de novo as parroquias, partíndoas pola metade, encher de afeccións a miles de terreos e expropiar a vivenda de moitos veciños, sen contar coa perda de calidade de vida, e do modo de subsistencia de moitas familias que queren seguir vivindo e disfrutando do rural”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.