Cultura Literatura

Unha árbore para dar vida a Don Paco

Duvi/ Un pradairo nos xardíns do campus lembrará desde hoxe a figura de Francisco Fernández Del Riego, Don Paco, tras o seu falecemento hai apenas uns meses. Un símbolo co que o alumnado quere renderlle homenaxe a “un firme defensor da cultura do país”, como salientaron diferentes membros de Trabalingua, a asociación estudantil que organizou o acto, encadrado nunhas xornadas de conferencias sobre as Mocidades Galeguistas.

O reitor, Salustiano Mato; o secretario da Fundación Penzol e asesor xurídico da Universidade, Antón Vidal; o vicerreitor de Extensión Universitaria, Xosé Henrique Costas e a testamenteira de Fernández del Riego, Malores Villanueva, foron algúns dos convidados ao acto. Subliñando todos o compromiso do galeguista coas súas ideas, o secretario da Fundación Penzol, que Fernández del Riego dirixiu durante 47 anos, lembrou a “un amigo co que compartín moitos anos e do que me gustaría que lembrásedes o seu carácter vitalista, que mantivo dende que era un mozo ata os seus últimos días”. Tamén a este carácter vitalista, fixo referencia o reitor, que manifestou a honra que supuxo para a Universidade nomealo primeiro doutor Honoris Causa “dunha institución que só pode ser universal desde a máis clara identificación coa nosa contorna”.

Co son das gaitas de fondo interpretando o himno galego, Malores Villanueva lembrou brevemente a vida dun “home honrado e intelixente, un auténtico virtuoso, que sentía especial predilección polos máis novos e que hoxe estaría fachendoso de estar aquí”, ao tempo que retou aos presentes “ao que o seu exemplo sexa luz para non rendernos”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.