Vigo al minuto

O mes que ven, a Policía Local ‘apatrullará’ a cidade con vehículos novos

A Xunta de Goberno Local deu hoxe luz verde á adxudicación provisional da contratación vía renting de 14 coches patrulla, dous furgóns e dous todo terreo, que suman un investimento municipal de 984.000 € a razón de 246.000 € por ano de servizo. Trátase da primeira ocasión na que un goberno de Vigo opta polo renting para adquirir vehiculos policiais, un sistema defendido polo alcalde como o «desexable» pois ofrece facilidades operativas e evita dificultades relativas ás reparacións dos coches.

«Cumprimos todos os nosos obxectivos en torno á Policía Local», aseverou o alcalde, quen apuntou a excepción de reubicar a sede do corpo municipal, pois a Xunta non aceptou ceder o edificio coñecido como A Gota de Leite de xeito provisional para a Policía Local, pese a levar anos pechado. O alcalde indicou que «estamos moi orgullosos« de ter renovado o material, uniformes, motocicletas e coches policiais, además de crear unha galería de tiro e subir a categoría profesional dos axentes.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.