Galicia Vigo al minuto

Á rúa para loitar contra «a maior perda de dereitos en 60 anos»

Non hai acordo co resto de sindicatos, pero a CIG continúa adiante coa convocatoria de folga xeral o vindeiro 27 de xaneiro. Saben a ciencia certa que estar sos restará repercusión, por iso queren animar a toda a cidadanía a participar nas manifestacións convocadas ás 12 horas en distintos puntos de Galicia, aínda que a central estará en Vigo. A marcha, na que participará o secretario xeral, Suso Seixo, partirá de diante da sede da CIG na Doblada e rematará na porta do Sol.

O sindicato toma esta medida como resposta «aos ataques que está a sufrir a clase traballadora» coa reforma laboral, as pensións e, máis adiante, da negociación colectiva. «Estamos a falar da maior perda de dereitos en 60 anos», aseguran, xa que a reforma só favorece «á gran banca e suporá a precarización das pensións e moita máis dificultade para acceder a elas». A mobilización tamén servirá para reclamar a creación de emprego.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.