Vigo al minuto

O Concello arranxará os espacios verdes de Navia e pasará a factura á Xunta

NaviaAbel Caballero, anunciou este venres que o Concello porá a 50 traballadores municipais para acondicionar os espazos entre os edificios de Navia, propiedade da Xunta, e que atópanse actualmente en estado de «abandono«.O alcalde denunciou que esta «gran zona de expansión da cidade» está desatendida polo goberno autonómico, quen ten a obriga de arranxar os espazos e cedelos ao Concello para o seu mantemento. O goberno local leva un ano reclamando o cumprimento desta «obrigación» á Xunta porque a veciñanza de Navia, preto de 15.000 persoas, está no seu dereito a telas «ben arranxadas«.

A través do programa de emprego municipal UTIL, medio centenar de traballadores humanizarán estes espazos con zonas verdes e parques infantís, cun «deseño notable«, sen «reparar en gastos« para deixalo «como debe estar«. «Pasarémoslle a factura á Xunta», adiantou Caballero ao ser competencia do goberno galego, e

advertiu que esixirá “con todos os medios legais ao noso alcance«, que o ejecutivo de Feijóo cumpra coas súas obrigas.
O alcalde realizou este anuncio nunha visita a Navia, na que estivo acompañado do Presidente da Asociación de Veciños do barrio, do presidente da cooperativa de vivendas que impulsou UGT en Navia e dos traballadores do programa municipal UTIL.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.