Deportes Vigo al minuto

Galicia volve a casa con ánimo pero sen medallas

O equipo absoluto da selección galega de combate realizou un magnífico papel no Open Internacional de París, no que participaron os mellores deportistas a nivel europeo. Un paso por competición internacional sen medallas pero con gran satisfacción polo rendemento da selección.

Con case 800 participantes, estiveron presentes as mellores seleccións de Europa, que están a preparar o preolímpico do vindeiro ano, de forma que en todas as categorías había que realizar como mínimo catro combates para poder acceder á loita polas medallas, o cal dificultou aínda máis a consecución dalgunha presea. Todos os equipos desprazaron aos seus mellores deportistas e case sempre con dous ou máis representantes por peso.

Fernando Rascado conseguíu liquidar a Francia e Kazajistán, pero caeu en cuartos ante Grecia por 7-5. Lúa Piñeiro tamén caeu en cuartos ante Croacia tras derrotar ás representantes de Eslovenia e Alemania, mentres que Pablo Carou quedou desclasificado ao segundo combate contra Dinamarca despois de que o rival de Gran Bretaña non se presentara.

Os que menos sorte tiveron foron Fani Hernández, que non participou por decisión dos técnicos, e José Antonio Andrade, que caeu na primeira ronda ante Francia despois dun combate caótico, xa que os protectores electrónicos estaban postos do revés e as puntuacións non se correspondían cos golpes.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.