Destacados Literatura

O primeiro dicionario galego-éuscaro nace na Universidade

Isaac Fernández é o único tradutor directo de galego a éuscaro.
Isaac Fernández é o único tradutor directo de galego a éuscaro.

Duvi/ Carballo haritz, bolboreta tximeleta… ata agora había dicionarios galegos de inglés, francés, de italiano, español… pero non de éuscaro. Desde hoxe a lingua galega dispón xa tamén dun dicionario galego-éuscaro e éuscaro-galego, un manual no que se recollen arredor de 5.000 entradas e outras tantas frases feitas e expresións típicas que permitirá a galegos e vascos “entendernos mellor e traducirnos mellor sen peaxes nin peneiras doutras linguas». O autor, Isaac Fernández, o único tradutor e intérprete directo de éuscaro a galego.

Moi sinxelo de manexar e con apéndices nos dous idiomas, o volume está enfocado a axudar as persoas que por primeira vez se queren achegar a calquera destas linguas e pon de relevo, como sinalaba o autor que o éuscaro “sendo como é unha lingua illada, lexicamente é unha lingua moi románica, atopando incluso palabras que se din igual en ambos idiomas, caso, por exemplo, da palabra balea”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.