_agenda Agenda

Máis de 300 curtas cren nas utopías

Tres seccións (ficción, documental e videoclips), 30 seleccionados e máis de 300 traballos de creadores audiovisuais de Galicia, Turquía, Brasil, Panamá, Alemaña, Bélxica ou Puerto Rico presentados ao primeiro Festival Internacional de Curtametraxes ‘Curtopía‘ que se celebrará en Vigo. Un certame que se completará con obradoiros de guión, son ou actuación e que culminará cunha entrega de premios no cine Salesianos o vindeiro 21 de novembro.

Pero non todo se queda nos que optan aos premios dentro da selección oficial: debido á gran calidade das pezas presentadas, os organizadores decidiron facer unha segunda selección con distintas obras que serán proxectadas en varios locais de Vigo ata o vindeiro 28 de novembro.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.