_agenda Agenda

O futuro de Vigo séntase no diván

vigo-no-divanVotar unha ollada ao presente que constrúe o futuro da cidade. Esa é a intención da segunda e última xornada de Vigo no diván, un foro de debate organizado pola Asociación de Participación Cidadá Outro Vigo é Posible no auditorio do Centro Social Caixanova e no que se reflexionará dende unha perspectiva multidisciplinar sobre o camiño co que encarar un bo futuro para a cidade.

Moderado pola xornalista viguesa Magis Iglesias, os asistentes poderán debatir sobre a identidade viguesa, a nova economía da cidade, a vertebración territorial ou sobre unha cidade sustentable. Ademáis nesta ocasión o apartado cultural chegará da man do Teatro Ensalle e a Camerata Viguesa, ademáis da lectura do poema ‘Jazz Industrial’ de María Xosé Queizán por parte de Alicia Borrás e de ‘La Noche’ de Manuel Lueiro por parte de Maximino Queizán.

Os relatorios comezarán ás 11 horas da man de Antón Seoane, psiquiatra e músico; Antón Costas, catedrático de Política Económica da Universidade de Barcelona e articulista de El País; Maria Xosé Caride Estévez, ex conselleira de Política Territorial; e Juan Miguel Margalef, presidente de Asociación de Defensa do Patrimonio en Cartaxena. A partir das 14:15 horas, lectura das conclusións por parte de Eduardo Rolland.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.