Deportes Destacados

Taekwondistas galegos pasan 8 días concentrados na República Dominicana

Galicia terá infiltrados na República Dominicana. Será cos taekwondistas da Fereración Galega que partirán hoxe desde Lavacolla cara o país para realizar unha concentración de 8 días no que adestrará coas seleccións da República Dominicana, Puerto Rico e Colombia.

O grupo, dirixido polo adestrador Juan Luis Martínez Queiruga, está formado por 15 deportistas cun importante curriculum que traballarán a súa técnica durante estes días en dobres e triplas sesións de traballo diario.

Os elexidos son Alejandro Vidal (subcampión do ParaMundial); Miguel Martínez (subcampión de España júnior); Pablo Carou (campión de España Sub21); Juan Fernández (Subcampión de España absoluto e campión de España sub 21); José Fernández (subcampión de España absoluto); Ángel Parada (subcampión de España sub 21); Raúl Bouzas (campión de Europa sub 21); Fernando Rascado (campión de España absoluto); Javier Sieira (subcampión de España absoluto); Rebeca Mariño (campioa de España absoluta); Nazareth Tilve (subcampioa de España absoluta); Lara Ouviña (campioa de España sub 21); Lúa Piñeiro (campioa de España absoluta); Carla Balado (terceira de España absoluta) e Sabela Lonja (campioa de España sub 21).

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.