Cultura Vigo al minuto

Abel Rodríguez de la Fuente

O alcalde, primeiro pola esquerda, xunto a 'Vigo' a cría de voitre leonado nado no VigoZooo
O alcalde, primeiro pola esquerda, xunto a 'Vigo' a cría de voitre leonado nado no VigoZooo

O alcalde e a concelleira de Medioambiente presentou hoxe a «Vigo», o voitre leonado nado e criado en VigoZoo fai tres meses que convertirase no primeiro animal, os técnicos creen que de España, en ser reinsertado na natureza.

Caballero amosou o seu «orgullo» polo bo funcionamento do zoo vigués, dos «magníficos profesionais» que alí traballan e da propia edil. O alcalde explicou que o animal será trasladado a Mallorca, onde será entrenado para defenderse e posto en liberdade na mesma illa.

Vigo entra así no Programa Europeo de Cría en Cautividade de Especies Ameazadas, que na cidade olívica «está a dar bo resultado», apuntou Caballero, e que «imos continuar» no futuro. O alcalde agarda que este «éxito» da inserción na natureza dunha especia do zoo vigués poida ampliarse a outros animais.

O alcalde definiu como «o proceso dun zoo moderno» que VigoZoo sexa quen de criar especies en perigo e liberalas na natureza con garantias, cando o habitual é que suceda o procedemento contrario.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.