Destacados Vigo al minuto

Vigo terá dúas manifestacións este 25-N contra a violencia machista

Xornada con mobilizacións nas sete cidades galegas e actos institucionais

A. Buendía | vigoalminuto

O feminismo volverá ocupar as rúas galegas este mércores, 25 de novembro, para denunciar a violencia machista e reclamar vidas libres de agresións. Haberá manifestacións nas sete cidades, concentracións e actividades organizadas por universidades, institucións e colectivos sociais.

En Vigo, a xornada terá dúas convocatorias distintas, no mesmo lugar pero a diferentes horas:

  • A primeira será ás 19:00 h. A Marcha Mundial das Mulleres e Resposta Feminista convocan no cruzamento de Vía Norte baixo o lema «Vidas libres de violencia machista»
  • Unha hora despois, ás 20:00h., a Rede de Mulleres contra os Malos Tratos chamou tamén á mobilización no mesmo punto


Tamén no resto de Galicia

En Santiago de Compostela, pola contra, haberá unha manifestación unitaria. A marcha partirá ás 20:00 horas da praza 8 de Marzo co lema «Contra as violencias machistas, loita transfeminista».

As convocantes explican que a protesta non se limitará á denuncia da violencia contra as mulleres. Tamén queren poñer sobre a mesa outras formas de desigualdade, como a crise da vivenda, que afecta especialmente as persoas disidentes, empobrecidas, migrantes e en situación de rúa.

O resto das cidades tamén teñen xa horarios e lugares de saída:

  • na Coruña, a manifestación comezará ás 19:00 horas no Obelisco
  • en Ferrol, ás 20:00 horas no Cantón;
  • Lugo, ás 20:00 horas diante do edificio Multiusos da Xunta
  • en Ourense, ás 20:00 horas ante a Subdelegación do Goberno
  • e en Pontevedra, ás 19:30 horas na Peregrina

A xornada contará ademais con concentracións de UXT para reclamar políticas contra a violencia machista e espazos laborais libres de violencia. Serán ás 12:00 horas en Santiago, A Coruña, Vigo, Pontevedra e Lugo. En Ourense, a convocatoria adiántase ás 11:00 horas.


Universidades e institucións tamén se suman ao 25-N

A actividade reivindicativa non quedará nas manifestacións. As universidades e as administracións prepararon actos propios para visibilizar a violencia machista e lembrar a necesidade de combatela.

En Santiago, a praza do Obradoiro acollerá unha nova activación do Canto das Cecilias, un proxecto artístico colectivo impulsado pola cineasta e videoartista chilena Cecilia Barriga. A proposta reúne as voces das mulleres para convertelas nun clamor común contra as violencias machistas.

No mesmo espazo, ás 13:15 horas, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) representará a performance Non chove(u) igual para todas. A intervención pretende reflexionar sobre a gravidade da violencia machista, os seus efectos e a importancia das redes de apoio e do feminismo.

Na Coruña, a Universidade da Coruña celebrará o seu acto central ás 11:00 horas no salón de actos da Facultade de Informática. O programa inclúe a lectura do manifesto e unha intervención da Oficina para a Igualdade de Xénero baixo o título Cantas son demasiadas? Feminicidios: cifras e discursos.

Tamén se entregarán os premios Ángeles Alvariño, que recoñecen os mellores traballos académicos con perspectiva de xénero, e María Balteira, destinados a creacións artísticas.

En Lugo, a praza de San Marcos acollerá actividades a partir das 13:00 horas. A deputada de Muller e Igualdade da Deputación, Marisol Morandeira, abrirá a xornada coa lectura da declaración institucional.

Despois, o alumnado do Centro de Formación Audiovisual da institución provincial realizará unha intervención colectiva sobre unha pancarta. Nela escribirán palabras que representan distintas formas de violencia machista.


OuTrAs NoVaS


Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.