Galicia

O mexillón volve extraerse na ría de Vigo, tras remitir a marea vermella

O Intecmar reabre dez polígonos de bateas en Galicia,e xa están autorizadas para a extracción 32 das 52 zonas de cultivo

O mexillón volve extraerse na ría de Vigo, tras remitir a marea vermella
O mexillón volve extraerse na ría de Vigo, tras remitir a marea vermella

María L. García | vigoalminuto

Unha decena de polígonos de bateas de mexillón recuperan este martes a actividade extractiva en Galicia. O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar) autorizou a súa reapertura ao remitir a extensión da marea vermella que obrigou a suspender a extracción en distintas zonas das rías galegas.

A decisión afecta a polígonos das rías de Arousa, Muros-Noia e Vigo. Nesta última, a novidade é a reapertura de Redondela D, que volve estar autorizado para extraer mexillón.

As outras zonas que recuperan a actividade son Ribeira B e C; Cambados B e C (norte e sur); Grove C2; Muros A e B, e Noia A.

Con estas dez reaperturas, xa están abertos 32 dos 52 polígonos de bateas de Galicia, o que representa o 61,5% do total. Os vinte restantes continúan pechados á extracción.

A reapertura non significa que desaparecese a marea vermella de todas as rías. As autorizacións dependen dos controis sanitarios que realiza o Intecmar e da evolución das biotoxinas en cada zona de produción.


OUtRaS NoVaS


Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.