Comarcas

O Concello do Porriño acomete obras en accesos, camiños e aparcadoiros de cinco parroquias

Contan cun orzamento de 260.000€ e un prazo de execución de 4 meses

A. Buendía | vigoalminuto

O Porriño investirá máis de 260.000 euros nunha nova fase de mellora da rede viaria municipal, con actuacións en rúas, camiños e espazos veciñais tanto no casco urbano como nas parroquias. Os traballos, cun prazo estimado de execución de catro meses, buscan mellorar a seguridade viaria, a mobilidade e a accesibilidade.

En total, o investimento supera os 188.500 euros das obras agora adxudicadas, aos que se suman máis de 70.000 euros destinados a actuacións xa executadas. O plan abrangue Cans, Atios, Abelenda, Mosende e San Diego, ademais da rúa Coruña, no núcleo urbano.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, visitou xunto ao responsable de Vías e Obras, Ramón Porto, os traballos do camiño da Torre, en Atios, que están a piques de rematar. A intervención afecta a 325 metros de vía e supón un investimento de 30.000 euros. «Xestionar non só é inaugurar, senón manter», sinalou o rexedor, que defendeu estas actuacións como un investimento en seguridade e conectividade veciñal.


Asfalto novo e melloras nos accesos

As intervencións inclúen:

  • a renovación de 729,30 metros cadrados na rúa Coruña, onde tamén se instalará nova sinalización vertical
  • en Cans, un camiño de terra de 325 metros cadrados será asfaltado e contará con sinalización e pintado
  • no camiño de Atios-Rocha renovarase o firme nunha superficie de 414 metros cadrados
  • mentres que en Abelenda os traballos abranguerán outros 264 metros cadrados

O plan tamén reserva actuacións para dous espazos de uso comunitario. No campo da festa de Mosende-Costeira reorganizarase a zona central e melloraranse os accesos ás vivendas. O proxecto contempla pavimento asfáltico na área de circulación, formigón nos accesos, lousas de granito gris arredor da capela de Santa Leocadia e novas zonas verdes con árbores e arbustos.

No campo da festa de San Diego, os traballos afectarán a uns 750 metros cadrados. Renovarase o firme da zona de aparcamento e mellorarase a drenaxe para facilitar a evacuación da auga, mediante novas cunetas, canles e colectores.

O Concello enmarca estas obras nunha liña de intervencións destinada a manter e mellorar as infraestruturas municipais. «E seguiremos euro a euro, parroquia a parroquia», concluíu o alcalde.


OuTraS NoVaS


Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.