
A. Buendía | vigoalminuto
Redondela xa ten operativa a nova pasarela peonil de Vilavella, unha estrutura de madeira sobre o río Maceiras que facilita o acceso ao centro urbano desde o aparcadoiro disuasorio. A obra supuxo un investimento final de 24.254 euros, financiados con cargo ao Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra.
A infraestrutura busca ofrecer un itinerario peonil máis directo e accesible entre o aparcadoiro e o paseo fluvial, como alternativa aos desprazamentos en coche. A alcaldesa, Digna Rivas, salientou que a actuación pretende reducir o tráfico rodado no centro e facilitar os desprazamentos a pé, tamén para as persoas con dificultades de mobilidade.
A pasarela responde a unha demanda veciñal para mellorar a conexión nesta zona.
Unha estrutura sen apoios no leito do río
A pasarela salva o río sen piares nin outros apoios no leito, co obxectivo de reducir a afección ao ecosistema fluvial. A estrutura conta con cimentacións de formigón armado e varandas de madeira, cun deseño que busca integrarse na paisaxe do paseo.
OuTraS NoVaS
- Os galegos temos que decidir este 29N entre o ‘voto útil’ do PP, a ‘remontada’ do PSOE e a aposta do BNG polo ‘autogoberno’
- El Concello aprueba destinar 2,8 millones para atraer vuelos a Londres, París, Sevilla y Alicante desde Peinador
- Chévere, Belén Aguilera, Goyo Jiménez, magia y Navidad: conciertos, teatro y actividades para disfrutar en Vigo del 27 al 29 de noviembre
- Las pensiones subirán un 3,5% en 2027 y dejarán alrededor 775 euros más al año a los jubilados
- Caballero garantiza que puede recibir a la FIFA con sólo 12 horas de aviso, para mostrar el proyecto para Balaídos





